Sunday 05 de May de 2024

O Concello volve esixir o urxente restablecemento dos servizos de telecomunicacións


Veciños e veciñas de Coruxo, Romardeiro e As Galeras levan máis de 20 días sufrindo cortes nos servizos de internet e televisión nos seus domicilios, dotados de fibra óptica desde hai máis de 20 anos por parte da empresa R. Na actualidade Movistar está a realizar a implantación de fibra óptica en distintas zonas do municipio, utilizando as canalizacións das que dispoñía R, esnaquizando nos seus traballos as instalacións existentes, provocando a queima do cable por curtocircuítos e desconectando nodos existentes.

Ante esta grave situación, o Concello notificou a Movistar que se abstivera de tocar a ningunha das redes do municipio se antes non se restablece o servizo a aqueles veciños e veciñas afectados. O Concello non entende a actitude de R ante os danos causados nas súas infraestruturas.